Este foro ha sido actualizado a una versión más reciente, segura y estable de phpBB.
Si tenéis problemas para acceder con vuestra contraseña deberéis resetearla desde este enlace. Os llegará un email con un enlace para cambiarla.
Disculpad las molestias ocasionadas.

Festival de Jazz NOVAS MÚSICAS de Monforte de Lemos. Agosto

Moderadores: KingMatt, yimijendriss, Dexter_Bass, vaiges, HoraceWimp, fervili, fley, Bartok, OutRo

A Tempo
B
B
Mensajes: 4
Registrado: Vie Jul 21, 2006 8:11 pm
Ubicación: Pontevedra
Contactar:

Festival de Jazz NOVAS MÚSICAS de Monforte de Lemos. Agosto

Mensaje por A Tempo »

FESTIVAL NOVAS MÚSICAS DE MONFORTE DE LEMOS. Agosto 2006

L 21 Entrada de balde Praza de España
Mr. Dixie Jazz Band
Banda de jazz tradicional, de onde partiron o resto dos estilos posteriores, cool jazz, harp bop, free etc.
Esta banda nace no ano 1999 baixo a batuta do trompetista Guillermo Lancelotti.
Sexteto cun swing contaxioso, un son brillante, excitante e festivo, os cales mostrarán como é o estilo Chicago anos 30 e 40, o cal afunde as súas raíces no Mississipi. O jazz de estilo New Orleans é o descendente directo das bandas de música ambulantes “marchingband” e onde a improvisación colectiva é un elemento característico.
Guillermo Lancelotti [trompetista, arranxista e director]; Victor Sánchez Milla [clarinete e saxos]
Diego Rguez. [trombón]; Juan Cabezón [banjo e guitarra]; Oscar Prieto [tuba]; Fernando Lamas [batería]

M 22 Entrada 5 € Auditorio Foto: Javier Nombela
Carlo Actis & Baldo Martínez
Presentan o seu último traballo “Folclore imaginario” onde se reúnen dous músicos pertencentes á primeira liña de improvisadores europeos, nun formato tan atípico como é un dúo de contrabaixo e saxos improvisando libremente. O resultado unha proposta onde se dá un paso adiante dentro do jazz europeo ao fusionalo con músicas tradicionais, tan afastadas e tan próximas á vez, como a galega e a italiana.
“... Pensar o folclore non como unha música exclusiva dunha zona xeográfica concreta senón como unha forma de expresarte co outro, xa que é a túa voz a que conecta con voces semellantes ...” (Baldo Martínez).

Mi 23 Entrada de balde Praza de España
Maneta de Kamioneta
A formación integrada polo baterísta Joaquín Migallón, o guitarrista Lolo Álvarez e o baixista Pepe Bao ofrecen alá onde van un impactante directo. No escenario mestúranse estilos como o funky, o flamenco, o rock, os sons brasileiros e o jazz sen ningunha limitación e cunha grande dose de improvisación.

X 24 Entrada de balde Praza de España
Fanjazz e Pepe Bao
Atopamos, reunidos nun quinteto de luxo, cinco músicos galegos de moi diversa procedencia os cales aportan as súas experiencias do folk, jazz, pop, funky...
Unha proposta que recolle as mellores aportacións da cultura galega do século XX. Blues, rock, pop, reggae, música latina, bossa e jazz son usados nas estruturas harmónicas e rítmicas que utilizan, mesturadas para ser o fundamento das súas improvisacións.
Carlos Calviño [guitarras]; Alberto Conde [teclados]; Carlos Castro [batería e percusión]; Roberto Somoza [saxos e frauta] e Pepe Bao [baixo]

V 25 Entrada 5 € Auditorio
Perico Sambeat Trío. (P. Sambeat, Marc Miralta, Javier Colina)
Desde hai xa uns anos existe unha estreita colaboración entre o contrabaixista Javier Colina e o saxo Perico Sambeat, acompañados tamén de Marc Miralta á batería.
Tratase dun grupo de grandes intérpretes do jazz, flamenco, son cubano... facendo excelente música en directo, sen complexos. Músicos que apostan pola mixtura de rítmos co jazz dun xeito serio e rigoroso.

S 26 Entrada 5 € Auditorio
Orquestra de Jazz de Matosinhos
Ao longo dos seus cinco anos de existencia a Orquestra de Jazz de Matosinhos temse afirmado como unha das máis consistentes e regulares formacións do jazz nacional, sendo o seu repertorio enteiramente constituído por música orixinal de Carlos Azevedo e Pedro Guedes. Despois dunha primeira fase de presentacións regulares no Héritage Café, a orquestra viu ampliado o seu espazo de actuacións sendo hoxe un dos grupos de jazz máis solicitados en Portugal con presenza asidua nos principias festivais de Jazz e nas principias salas de espectáculos.
Ademais da presentación da súa obra orixinal, onde foron convidados músicos como Mark Turner, Chris Cheek e Rich Perry a orquestra amplía o seu abano de encomendas de obras a compositores nacionais, presentada en Porto 2001 / Capital da cultura xuntamente con o Remix Ensemble, ben como a compositores estranxeiros como Carla Blay en 2003 e ao saxofonista Lee Konitz en 2006.

Dirección
Carlos Azevedo
e Pedro Guedes
Michael Joussein, Paulo Perfeito, Alvaro Pinto, Daniel Dias [trombóns]; Gonçalo Dias [trombón baixo]; Erick Poirier, Rogelio Ribeiro, Susana Silva, José Silva [trompetas]; José Luis Rego [saxo alto]; João Guimarães [saxo alto]; Mário Santos [saxo tenor]; José Pedro Coelho [saxo tenor]; Rui Teixeira [saxo barítono]; Pedro Guedes, Carlos Azevedo [piano]; Demian Cabaud [contrabaixo]; João Cunha [batería]
http://www.novasmusicas.com
Escuela de Música Moderna
Responder